Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Real Filharmonía busca achegar públicos e abrirse á xente na nova temporada

A óPERA DE BIZET OS PESCADORES DE PERLAS SERá O PRATO FORTE DO PROGRAMA DE CONCERTOS EN NOVEMBRO

A Real Filharmonía busca achegar públicos e abrirse á xente na nova temporada

CLáSICA/LíRICA | xullo 27, 2016

imaxe non dispoñible

Na temporaada que comezará en outubro a Real Filharmonía de Galicia ten previsto aumentar a súa presenza nas cidades galegas cun total de 15 actuacións pechadas, aínda que está previsto que se concrete algunha máis. Mantén a súa temporada de concertos estable en Vigo con oito actuacións. Ademais, a orquestra desprazarase a Lugo, Ourense e Ferrol. E previsiblemente podería celebrar tamén algún concerto en Madrid. A RFG celebrará 22 concertos de abono, que se adiantarán ás 20:30 horas por desexo maioritario dos aboados, trala enquisa realizada polo Consorcio de Compostela e o Auditorio de Galicia. A temporada de abono comezará o 27 de outubro na súa sede do Auditorio de Galicia en Santiago, coa estrea dunha obra que o compositor compostelán Fernando Buide está a escribir para a RFG. E concluirá cunha nova colaboración con Abe Rábade, que estreará ao piano unha peza da súa composición.

Co fin de achegar a música clásica e a RFG a novos públicos, continúa con cinco concertos o ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, dirixido ás familias, aos máis novos e aos que non teñen a oportunidade de asistir habitualmente aos concertos de abono, a un prezo asequible e nun horario máis accesible. E a orquestra sairá á rúa este ano con varios concertos gratuítos nos barrios. Ademais, continuarase coa experiencia CONvers@ndo con. Os directores e solistas que participan nos concertos manteñen unha charla distendida co público antes de cada actuación, coa finalidade de acercar a música clásica de maneira informal. En novembro porase en escena a ópera, en versión concerto, Os pescadores de perlas de Bizet, a de máis éxito do compositor francés despois de Carmen. Esta produción, realizada en colaboración cos Amigos da Ópera de Vigo e de Santiago, poderá desfrutarase tanto en Compostela como na cidade olívica. Dirixida polo mestre Paul Daniel, contará coas voces dun coro e dos tenores Francisco Corujo e o galego Borja Quiza, o baixo Felipe Bou e a soprano Ruth Iniesta.