Ti estás aquí > Inicio / / Un ano máis de vida para a Escola de Gaitas de Pontevedra
Un ano máis de vida para a Escola de Gaitas de Pontevedra
xullo 26, 2016
Grazas ao financiamento privado a Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra ven de asegurar a súa continuidade para o seguinte curso. A escola chegou a ter 700 alumnos, repartidos en centros por Cangas, Lalín, Pontevedra, Vilanova e Vigo. A viabilidade da institución, que na actualidade imparte clase só en Vigo e Pontevedra, quedou en suspenso tras a negativa da Deputación de Pontevedra a seguir apoiándoa economicamente desde setembro pasado. Tras un período de recortes en profesorado e centros de ensino a escola mantívose grazas ás matrículas e mensualidades do alumnado pero a súa continuidade non estaba asegurada.
Malia non facerse pública a orixe exacta deste financiamento privado o director, Hipólito Cabezas, asegurou en declaracións ao Faro de Vigo que a continuidade xa é unha realidade para o seguinte curso. Contan con volver a incrementar o corpo de profesorado e poder acoller máis alumnos nos dous puntos de ensino. Na plataforma Change.org abriuse desde hai meses unha petición de sinaturas para apoiar unha petición de alternativas para o centro. O prazo de matrícula abrirase en setembro.
Tamén che pode interesar:
- 21/ 9/ 2007 | A Escola de Gaitas da Deputación buscará outro local para dar clases en Cangas
- 20/ 9/ 2007 | Cangas rexeita a escola de gaitas da Deputación de Pontevedra
- 7/ 6/ 2005 | Un acordo pon fin á “guerra das gaitas” que enfrontaba a Asociación de Gaiteiros Galegos coa Deputación de Pontevedra
- 9/ 5/ 2005 | A subvención da deputación de Pontevedra á Banda de Gaitas volve a enfadar á Asociación de Gaiteiros