Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A sexta edición do Outono Códax amplía programación e recintos en Compostela

SEIS CONCERTOS EN VEZ DE TRES E A EXTENSIóN á NOVA SALA RIQUELA PARA UN CARTEL DE ESTRELAS DO SOUL

A sexta edición do Outono Códax amplía programación e recintos en Compostela

JAZZ/BLUES | xullo 6, 2016

imaxe non dispoñible

De tres a seis noites ou o que é o mesmo unha fin de semana a maiores, amplíase o festival de música soul Outono Códax para este ano. O festival compostelán iniciará a súa sexta edición a fin de semana do 7e 8 de outubro, pasando despois ao 28 e 29 do mesmo mes e rematando cos concertos na fin de semana do 11 e 12 de novembro. Ademais de na Sala Capitol algunhas das actuacións terán lugar na nova Sala Riquela, na rúa do Preguntorio, que aínda non abriu as súas portas. Presentado onte polos responsables de Raíña Productions, o cartel completo ofrece de novo unha mestura de representantes históricos do soul e o rhythm&blues xunto con valores actuais en alza e novas apostas. Así as tres cabezas de cartel serán os veteranos intérpretes Lee Fields e Martha High e o grupo The Pretty Things. A representación galega chegará coas actuacións de Andhrea &The Black Cats e The Hellbuckers. No cartel tamén están outras bandas de relevo internacional como Luke Winsloy King e Virgina Brown and The Shameless, entre outros.

Outro festival que presentou o seu cartel definitivo estes días foi o muradán Castelo Rock, que confirmou como cabeza de cartel aos mexicanos Molotov para o 12 de agosto e Muchachito Bombo Infierno ao día seguinte. O cartel complétase cos bosnios Dubioza kolektiv, os Mojinos Escozios, Dakídarría, Terbutalina, The Locos, Festicultores, ‎Ánima‬ e Os Desterrados