Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Electrolírica é a nova mutación de Xan Solo's

O CANTAUTOR PASA á ELECTRóNICA NO SEU NOVO TRABALLO CON CRISTINA MORQUILLAS

Electrolírica é a nova mutación de Xan Solo's

ELECTRóNICA | maio 27, 2016

electrolirica_xan_solos.jpg

Un xiro radical levou a Xan Solo de cantautor a músico electrónico. Baixo o nome de Xan Solo's, o negreirés presenta esta noite na compostelá sala Moon Electrolírica, Electrolírica. O novo proxecto que o músico desenvolve a dúo con Cristina Morquillas caracterízase por manter as letras intimistas do autor que agora se integran con melodías envolventes e que, segundo o grupo "evocan imaxes case cinematográficas". Segundo anuncian, nas súas actuacións Xan Solo's "pasan de cancións intimistas, poéticas e teatrais a desgarradoras e potentes instrumentacións creando diferentes atmosferas ao longo do espectáculo".

datos do disco