Luís Emilio Batallán rodéase de voces en 70 y 29
maio 26, 2016
Bachatas, boleros, baladas, toques electrónicos e mesmo algún toque de reggaeton. Luís Emilio Batallán amosa a súa vertente máis latina en 70 y 29, o traballo que acaba de publicar con Universal Music. O cantante galego acompáñase nesta nova aventura de colaboracións de altura como as de Joaquín Sabina, Pablo Milanés ou Joan Manuel Serrat entre outras e traballa co produtor cubano Dagoberto González JR. O álbum, á venda desde o pasado 13 de maio, está dedicado á desaparecida nai do artista.