Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Garufa Blue Devils Big Band debuta con Barrel House

A BANDA RESIDENTE DO GARUFA CLUB PRESENTA O SEU PRIMEIRO DISCO

Garufa Blue Devils Big Band debuta con Barrel House

JAZZ/BLUES | maio 24, 2016

barrel_house_garufa_blues_devil.jpg

Unha selección de clásicos do swing conforma a primeira proposta discográfica de Garufa Blue Devils Big Band logo de dous anos de existencia. O conxunto residente do coruñés Garufa Club debuta baixo a dirección de Roberto Somoza cun álbum cheo de swing. Unha vintena de músicos entre trompetas, trombóns, saxos, guitarras, baixo, baterías e cantantes encóntranse para interpretar temas do repertorio de bandas dos anos 30 e 40 así como algúns do éxitos de musicais da época. Bea García e Gabriel Triana poñen voz a temas como Come Fly with Me ou I've Got You Under My Skin. O grupo mantén a súa axenda de actuacións quincenais no local de jazz coruñés e tocará ao vivo o vindeiro 26 de maio.

datos do disco