Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Caxade presenta E isto é o amor

O GRUPO INCLúE TOQUES DE ELECTRóNICA NO SEU NOVO TRABALLO

Caxade presenta E isto é o amor

FUSIóN | maio 16, 2016

Caxade_e_isto_e_o_amor.jpg

Santiago de Compostela acollía onte apresentación de E isto é o amor, novo disco de Caxade logo do recente Premio Martín Códax da Música que obtivo o conxunto. A seguir coa fórmula de A dança dos moscas, o cuarteto mantén a aposta por acordeóns e metais como base para temas poéticos e reflexivos, aos que engade sons electrónicos coa incorporación de sintetizadores e acordeóns MIDI e un maior peso das percusións nalgúns temas. O álbum sae á luz baixo a etiqueta de Discos da Máquina e foi gravado nos estudios A Ponte de Tomás Ageitos. A xira de presentación ten datas previstas en Compostela (21 de maio), Ponteceso (22), Pontevedra (28), Lugo (4 de xuño) ou Bueu (11) entre outras.

datos do disco
Ligazóns