Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Títeres, música e teatro únense en O bigote de Mimí

LUíS VALLECILLO ADAPTA ESTA OBRA DE MANUEL MARíA PARA OS MáIS CATIVOS

Títeres, música e teatro únense en O bigote de Mimí

INFANTIL | maio 2, 2016

imaxe non dispoñible

Continúan as actividades arredor de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016. Desta volta, Luís Vallecillo encabeza, canda á Banda do Cuberto a adaptación escénica do conto O bigote de Mimí. Un espectáculo no que se mestura música, monicreques e teatro relata a historia do gato Mimí, "quen padeceu as consecuencias dunha pésima decisión. Dende a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias". A Casa-Museo Manuel María colabora neste proxecto e editou xa unidades didácticas para facilitar o seu emprego nas aulas.



Logo de se presentar o pasado 9 de abril no Salón do Libro de Pontevedra, o espectáculo está a xirar por diferentes localidades galegas. A Fundación SGAE, en Compostela, acollerá as vindeiras sesións os días 7 e 8 de maio.