Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Premios da Música Independente recoñecen a Xoel López e a Xabier Díaz
Os Premios da Música Independente recoñecen a Xoel López e a Xabier Díaz
abril 20, 2016
Mellor álbum de pop e mellor produción musical son os premios cos que Xoel López voltou da Gala dos Premios da Música Independente, que se celebrou onte en Madrid. O músico coruñés non obtivo recoñecemento co seu último traballo Paramales nas outras tres categorías ás que estaba nomeado. Non acadou ningún premio Davide Salvado que aspiraba ao galardón ao mellor álbum de músicas do mundo e mais ao mellor álbum en galego. Nesta última categoría foi o proxecto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o que se impuxo.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 4/ 2024 | Os músicos galegos recollen cinco galardóns nos Premios da Música Independente estatais
- 8/ 3/ 2018 | Xoel López é finalista do Premio IMPALA ao Álbum europeo do Ano
- 8/ 4/ 2016 | Cincuenta e sete finalistas compiten nos III Premios Martín Códax da Música
- 30/ 3/ 2016 | Xoel López suma cinco candidaturas nos premios de música independente
- 27/ 11/ 2014 | Un total de 54 proxectos aspiran aos Premios Martín Códax da Música