Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pirilampo achega a Manuel María ás crianzas no seu novo disco

O AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE ACOLLE O CONCERTO DE PRESENTACIóN ESTE SáBADO 19

Pirilampo achega a Manuel María ás crianzas no seu novo disco

INFANTIL | marzo 15, 2016

teatro_de_guinol_pirilampo.jpg

Teatro de guiñol é o título co que Pirilampo presenta, na colección Sonárbore de Galaxia, o seu segundo traballo. Once poemas tirados dos poemarios As rúas do vento ceibe, Os soños na Gaiola e Terra Chá, de Manuel María, serven de base para unhas cancións pensadas para os máis novos da casa. A natureza, O vento, A fala, Anduriñas, Neve ou o propio Teatro de Guiñol son algúns dos textos que se adaptan neste proxecto, que sae á luz en formato libro-CD con ilustracións de Iván R. O proxecto mestura ritmos tradicionais con toques de rock e pop, e preséntase ao público cun concerto no Auditorio Municipal de Ourense este sábado, 19 Marzo.

datos do disco