A AGADIC incrementa as axudas aos festivais escénicos e musicais
marzo 9, 2016
Os festivais musicais e escénicos que se desenvolvan noso país desde o 1 de novembro de 2015 ata o 31 de outubro de 2016 poden optar as liñas de axudas que acaba de convocar a Axencia Galega das Industrias Culturais para apoiar estes eventos. Un total de 220.000 euros destinaranse aos encontros dedicados á música, mentres os festivais de artes escénicas contan cun orzamento de 170.000 euros, o que supón unha suba de dez mil euros en cada caso a respecto de 2015. Entre outros criterios, os eventos subvencionables deben contar cun mínimo de dúas edicións realizadas, e incluír no seu cartel un mínimo de seis compañías ou grupos. O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 8 de abril.