Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Uxía canta a Manuel María, agora ao vivo

UN NOVO LIBRO-CD RECOLLE UN CONCERTO DA CANTORA NA CASA MUSEO DO POETA CHAIREGO

Uxía canta a Manuel María, agora ao vivo

MELóDICA | febreiro 23, 2016

Uxia_canta_manuel_maria_2016_casa_museo.jpg

Uxía non para de cantar a Manuel María. Para alén de Canta o Cuco, na que achega poemas do autor aos máis cativos en colaboración de Magín Blanco, a artista xa gravara hai uns anos Andando a terra. Uxía canta a Manuel María. Agora, da man da Casa Museo Manuel María ve a luz un novo volume, tamén titulado Uxía canta a Manuel María. Nesta ocasión trátase dun libro-CD gravado ao vivo durante un recital na propia casa do poeta o pasado mes de outubro. Aínda que comparte maioritariamente o repertorio do anterior álbum, a nova edición achega tres novos temas e inclúe dúos con Xabier Díaz. Ademais o volume inclúe 52 poemas do autor cun portapoemas personalizado cunha folla do carballo da casa, e permite a descarga do audiovisual De amor e cantería.

datos do disco