Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Premios Martín Códax da Música medran na súa terceira edición

CONTARáN CUNHA NOVA CATEGORíA E áBRENSE A GRUPOS DE FóRA DE GALICIA

Os Premios Martín Códax da Música medran na súa terceira edición

MISCELáNEA | febreiro 15, 2016

imaxe non dispoñible

Mellor Proxecto Galego de Coros e Música Vocal é a nova categoría que incorporan os Premios Martín Códax da Música. A Asociación de Músicos ao Vivo presentaba esta mañá a nova convocatoria destes galardóns, que estrean calendario ao se celebrar en primavera e que chegan así a 16 categorías musicais ademais de 3 Premios Organistrum para recoñecer o labor de salas, festivais e espazos de comunicación musical e mais o Premio Honorífico Músicos Ao Vivo. A nova edición do certame, que ten aberto o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 29 de febreiro, ábrese ademais a grupos de fóra de Galicia que canten na nosa lingua e para aqueles cuxo repertorio sexa maiormente de raíz galega.