Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xeografías do Deserto explora os límites entre música e poesía

MONCHO NUñEZ E SITO SUáREZ TRABALLAN SOBRE TEXTOS DE RAMóN CARIDE OGANDO

Xeografías do Deserto explora os límites entre música e poesía

FUSIóN | febreiro 9, 2016

xeografias_do_deserto_ramon nunhez_sito_suarez.jpg

"Un produto da interfase, da interferencia entre creadores libres de distintos campos que son quen de ir ao límite das súas capacidades e mesmo alén das súas competencias". Así se presenta Xeografías do deserto o libro-CD que acaban de presentar os cantautores Moncho Nuñez e Sito Suárez e no que exploran a relación entre música e poesía sobre textos de Ramón Caride Ogando. O proxecto conta coa produción de Iago Lorenzo, e con fotografía de Sara Caride entre outras colaboracións. "XDD non é poesía musicada, nin música poetizada", advirten. O volume, que inclúe os textos orixinais de Caride, toma estes poemas como puntos de partida para desenvolver cancións envolventes de liña indie-rock. O proxecto prevé unha segunda entrega para o vindeiro ano, As Flores Salgadas na actualidade en pre-produción. O dúo ten fechadas presentacións o vindeiro 9 de abril en Betanzos, e o 6 de maio en Cambados.

datos do disco