Silvia Penide estrea Todo pintado de plata
xaneiro 21, 2016
Logo de desenvolver con éxito unha campaña de crowdfunding, Silvia Penide presenta o seu novo álbum. Todo pintado de plata amosa unha evolución na carreira da cantatutora, que incorpora novos instrumentos e estará acompañada nos seus directos cun quinteto que inclúe piano, teclado e dúas guitarras á súa voz. O álbum gravouse en parte en The Magical Mystery Room de Celso Madriñán e mais nos estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero. A estrea do proxecto será este 23 de xaneiro no auditorio Afundación da Coruña, e o seguinte concerto está previsto para o 13 de febreiro en Ferrol.