Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Cé Orquestra Pantasma achégase aos cativos con Fíos do querer

O LIBRO-CD PRESENTOUSE NO úLTIMO CULTURGAL

Cé Orquestra Pantasma achégase aos cativos con Fíos do querer

INFANTIL | decembro 15, 2015

fios_do_querer_ce_orquestra2.jpg

O primeiro disco de Cé Orquestra Pantasma é un libro-CD orientado para cativas e cativos de ata tres anos. Fíos do querer presentouse no último Culturgal da man da Cooperativa Miudiño con nada menos que 24 temas. Arrolos, ritmos simples e rimas sinxelas animan a achegar os máis novos ao música desde o primeiro momento. Segundo sinala a presentación do álbum, trátase dunha "primeira de musica para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxetos sonoros feitos a partir de materiais naturais". Logo da presentación do cultural, o proxecto ten previstos novos concertos o día 19 (Salceda de caselas e Vigo), o 22 (Ourense), o 23 (A Coruña) e o 26 (Moaña).

datos do disco