Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Uxía e Magín Blanco presentan o Manuel María máis pequeno

MUSICAN POEMAS PARA CRIANZAS DO AUTOR CHAIREGO EN CANTA O CUCO

Uxía e Magín Blanco presentan o Manuel María máis pequeno

INFANTIL | novembro 23, 2015

canta-o-cuco_uxia_magin.jpeg

Manuel María, poeta protagonista do vindeiro Día das Letras, é tamén o eixe da última proposta da colección de libros-CD Sonárbore da editorial Galaxia. Canta o cuco reúne a Uxía e a Magín Blanco para adaptar unha selección de poemas infantís do autor chairego que inclúe textos xa clásicos como O carro, A vaca ou O cuco. O dúo incorpora ademais o tema Todo me fala de ti na que dialogan co propio poeta. Os arranxos musicais correron a cargo de Santi Cribeiro e de Guillerme Fernández, e o dúo contou coa colaboración de Isaac Palacín, Pablo Vidal, Raquel Domínguez, Pablo Ces ou Andrés Giráldez. As ilustracións do álbum ilustrado corren a cargo de Leandro Lamas. A presentación do álbum realizarase o vindeiro 24 de novembro, a partir das 11.00 horas na escola A Galiña Azul de Santiago de Compostela. O proxecto inclúe tamén un espectáculo homónimo no que se mestura música e teatro e que presentaron na feira Galicia Escena Pro.

datos do disco