Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sae á venda The Tambourine Man de Xabier Díaz

O MúSICO COLABORA COAS ADUFEIRAS DE SALITRE NESTE NOVO PROXECTO

Sae á venda The Tambourine Man de Xabier Díaz

FOLK | outubro 7, 2015

tambourine_man_xabier_diaz.jpg

Hoxe mesmo chega ás tendas o novo disco de Xabier Díaz. O ex cantante de Berrogüetto presenta un ambicioso proxecto no que, en colaboración coas Adufeiras de Salitre, reinterpreta cun enfoque vangardista once temas tradicionais galegos e un castelán. O cantor conta tamén neste proxecto con colaboracións como as de Kepa Junkera, Aleix Tobias, Xosé Manuel Budiño, Fernando Barroso ou Alfonso Merino nun disco no que a percusión ten un peso destacado e que o propio Díaz sinala como un punto de inflexión na súa carreira. O proxecto, que ve a luz da man do selo Músicas de Salitre, preséntase ao vivo o vindeiro 16 de outubro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Madrid e o festival Tradicionarius de Barcelona son as vindeiras paradas previstas na xira de presentación.

VIDEO
datos do disco