Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Novas propostas afianzan a axenda cultural para os máis novos

O FESTIVAL DAS CóXEGAS E SONS MIúDOS INCORPóRANSE á OFERTA DESTE OUTONO

Novas propostas afianzan a axenda cultural para os máis novos

INFANTIL | outubro 2, 2015

imaxe non dispoñible

Continúa a medrar a oferta cultural para as crianzas no noso país. O Concello de Pontevedra iniciará o vindeiro oito de novembro o Festival das Cóxegas, un programa que achega catro propostas escénicas musicais e de danza aos domingos do Pazo da Cultura. The Pinker Tones, Roberto G. Alonso, Aracaladanza e mais Títeres Etcétera compoñen o programa desta primeira edición, para a que xa se poden adquirir as entradas. Pola súa banda, Compostela tamén acolle unha novidade na axenda cultural infantil. O vindeiro 15 de outubro chega ao Auditorio de Galicia Sons Miúdos, que se presenta como "O espectáculo máis grande da música infantil galega". Mamá Cabra, Magín Blanco, Uxía, Paco Nogueiras, Xoán Curiel, Teatro dos Ghazafellos e o Cuarteto Sons Miúdos compoñen o cartel desta iniciativa.