Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Coetus mestura formación e concertos en Ir y venir

A ORQUESTRA DE PERCUSIóN IBéRICA ESCOLLE GALICIA PARA UN CICLO FORMATIVO

Coetus mestura formación e concertos en Ir y venir

FOLK | setembro 22, 2015

imaxe non dispoñible

Tres días de obradoiros, concertos e recitais íntimos no marco dunha casa de turismo rural. Esta é a proposta que fai Coetus, a orquestra de percusión ibérica, que en colaboración con Eliseo Parra e o dúo arxentino Luna Monti e Juan Quintero escolleron Galicia para desenvolver o seu programa Ir y venir. A proposta, que se desenvolverá entre o 2 e o 4 de outubro, contempla 10 obradoiros sobre música, que inclúen desde caixón flamenco ata arranxos vocais ou canto, a cargos dalgúns dos 21 membros desta formación. A maiores, durante as tardes realizaranse encontros de improvisación e ensaios nos que tamén participarán Xosé Lois Romero e Aliboria. Para as noites resérvanse os concertos, a razón dun por día. Casa Gasamans, en ames, acolle esta iniciativa, que ten aberto o prazo de inscrición.