Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Camarada Nimoy voltan con Alucinacións acústicas

PRESENTAN O SEU NOVO DISCO NO VIGUéS CHARENTON O VINDEIRO SáBADO 12

Camarada Nimoy voltan con Alucinacións acústicas

MISCELáNEA | setembro 9, 2015

alucinacions_acusticas_camarada_nimoy.jpg

Unha edición en vinilo, ao igual que no seu primeiro lanzamento, é o formato escolleito por Camarada Nimoy para dar a coñecer o seu segundo traballo. Alucinacións acústicas achega doce temas acústicos na liña do grupo, unha mestura de jazz, rock e psicodelia que foxe de definición. Segundo sinala o propio conxunto, Camarada Nimoy "non son unha banda de space age pop, de psicodelia, de jazz, de rock, de de lounge, de exótica… pero moito gozan de todos e cada un destes xéneros". O local Charenton, en Vigo, acolle o vindeiro sábado 12 o concerto de presentación do novo traballo, que tamén se pode escoitar íntegro en Bandcamp.

datos do disco