Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Casa Tomada da Coruña fecha as súas portas logo de dous anos

UN NOVO PROXECTO TOMARá O TESTEMUñO DESTE PROXECTO MULTIDISCIPLINAR

A Casa Tomada da Coruña fecha as súas portas logo de dous anos

MISCELáNEA | agosto 19, 2015

imaxe non dispoñible

Unha festa para socios e acompañantes o vindeiro 29 de agosto marcará o final de actividade da coruñesa Casa Tomada, logo de dous anos de actividade. O cansazo e a imposibilidade de manter a actividade e de atinxir os obxectivos iniciais do proxecto son as razóns que aduce o actual equipo que xestiona o centro para fechar. Como despedida, a nave da estación ferroviaria herculina acollerá un evento que conta coa presenza de Los Collares de Perlas, Cró!, Vozzyow ou Mano de obra entre outros, e para o que os socios poden solicitar entradas vía web. Segundo adiantan no texto de despedida, "do xerme desta Casa Tomada vai nacer un novo equipo, cun novo proxecto, que continuará o labor feito até o momento. Á súa maneira, coas súas ideas e co seu entusiasmo e experiencia como carta de presentación". É de agardar pois que unha nova iniciativa tome o relevo desta experiencia, que achegou unha visión alternativa á axenda musical da cidade.