Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Vía Stellae achegará 19 concertos a Compostela

O FESTIVAL DE MúSICA ANTIGA CELéBRASE ENTR EO 29 DE XUñO E O 15 DE XULLO

O Vía Stellae achegará 19 concertos a Compostela

CLáSICA/LíRICA | maio 28, 2015

imaxe non dispoñible

Un total de 19 concertos compoñen o programa do festival Via Stellae, que alcanza este ano a súa décima edición. O encontro centrado na música antiga contará con nomes de prestixio internacional como Uri Caine, Concerto Italiano e Rinaldo Alessandrini, La Galanía, Manfredo Kraemer, Al Ayre Español e Eduardo López Banzo, Fuoco E Cenere e Jay Bernfeld ou Romina Basso. Con ocasión do décimo aniversario, o festival renderá unha homenaxe a compositores do Barroco e da historia da música, polo que incorporará repertorio de Bach, Haendel, Vivaldi, Mozart, Monteverdi Scarlatti, Tarquinio Merula ou Antonio Soler.

Pola banda do OFF#Stellae, a improvisación será o eixe das propostas deste ano, con nomes como Uri Caine, Brais González e Pablo Seoane, o poeta Estevo Creus, o arpista Manuel Vilas e os percusionistas Roberto Oliveira e o cuarteto Pulsat. O festival desenvolverase en Compostela entre o 29 de xuño e o 15 de xullo.