Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Cinco bandas pasan á final do FestiGal

O CONCURSO NOVOS VALORES PRETENDE DIFUNDIR A MúSICA EN GALEGO

Cinco bandas pasan á final do FestiGal

MISCELáNEA | maio 4, 2015

imaxe non dispoñible

O I Concurso de Novos Valores FestiGal 2015 xa ten finalistas a cinco bandas no que os seus vídeos obtiveron maior número de compartidas a través da páxina de Facebook do festival. As formacións musicais Seisporoito, Maianas, Panghea, Coso Carnóbrigo e Miguel Alonso, pasarán á final e o grupo gañador decidirase a través dun xurado conformado pola comisión organizadora do evento.

A banda gañadora actuará no palco de concertos da vindeira edición do FestiGal, na noite do 24 de xullo de 2015, e recibirá unha dotación económica de 300 euros.

O FestiGal é unha referencia das novas tendencias e camiños da música galega e nesta edición estivo presente unha ampla representación de estilos que pasaron polo folk, pop, música de autor, death metal melódico, rap, pop-rock, festa, comedia e música de cámara, entre outros.

O I Concurso de Novos Valores FestiGal 2015 pretende servir de plataforma de difusión de música en galego e vén de recibir a distinción como mellor festival galego nos Premios Martín Códax.

Ligazóns