Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Un disco recupera o traballo para piano de Marcial del Adalid

MARIO PRISUELOS INTERPRETA OS TEMAS DE ADALID. EL PIANO ROMáNTICO

Un disco recupera o traballo para piano de Marcial del Adalid

CLáSICA/LíRICA | marzo 23, 2015

adalid_piano_romantico.jpg

A Sociedade Filharmónica de Vigo celebrou esta fin de semana o seu centenario. No marco das conmemoracións estaba o concerto de presentación dun disco moi especial. Adalid. El piano romántico recolle unha selección de obras para este instrumento do compositor galego Marcial del Adalid intepretadas polo madrileño Mario Prisuelos. O volume, inclúe primicias como o primeiro rexistro sonoro dun caderno de seis romanzas sen palabras titulado Soirées d’automne à la ferme. A gravación do disco realizouse no Auditorio de Galicia e Universal foi a discográfica responsable da publicación. O álbum conta cun libreto en galego, inglés e castelán e sae á luz coa colaboración da Consellaría de Cultura.

datos do disco