Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Tres días de concertos reivindican as Cíes como Patrimonio da Humanidade
Tres días de concertos reivindican as Cíes como Patrimonio da Humanidade
febreiro 17, 2015
A Orquesta Vigo 430, Lucía Martínez, a Orquestra Sondeseu con Begoña Riobó e Anxo Pintos, a Coral Casablanca, Iván Ferreiro ou Mónica Nut compoñen, entre outros, o programa de O Canto das Illas. O Concello de Vigo presentaba esta mañá o ciclo de concertos co que quere reivindicar as Cíes como Patrimonio da Humanidade. Entre o 20 e o 22 de febreiro o Auditorio Mar de Vigo acolle esta proposta, na que se estrearán obras de Rodrigo Romaní e de Juan Durán. A música irá acompañada de proxeccións audiovisuais no propio Auditorio Mar de Vigo.