Sons gañadores
decembro 18, 2014
O misterio resolveuse. Logo dun demorado proceso de votacións, os membros da Asociación de Músicos ao Vivo seleccionaron os quince gañadores dos Premios Martín Códax da Música. Son os mellores entre as 360 propostas que se presentaron a esta segunda edición. Descobre a qué soa o mellor do ano.
Foi unha gala marcada en boa medida polas mulleres, xa que foi presentada polas Fillas Bravas de Chévere e fechou cunha multitudinaria interpretación do Matriarcas de Guadi Galego. O Pazo da Cultura de Pontevedra acollía onte os actos de entrega dos Premios da Música Martín Códax, consolidados nesta segunda edición como os galardóns imprescindibles do sector. A estatuíñas realizadas por Víctor Lorenzo expresamente para os premios, e bautizadas xa como Os Melómanos atoparon os seus donos nun acto cun amplo seguimento e máis de setecentos asistentes.
No evento houbo tamén espazo para a reivindicación e o voceiro de Músicos Ao Vivo, Xacobe Martínez Antelo, sinalou a necesidade de que "a empresa privada non vinculada ó sector cultural, sexa quen de investir en cultura, en música de proximidade, sen complexos, con orgullo, con intelixencia e con amor ó propio", ao tempo que reclamaba unha maior implicación das administración públicas na Cultura. Martínez Antelo anunciou tamén unha vindeira remuda da directiva da Asociación.
Na listaxe de premiados, en liña coa anterior edición, verifícase un equilibrio entre nomes consagrados e novos valores en diferentes estilos musicais. Ademais, mantense unha importante presenza da música en galego entre os gañadores.
Pop e indie: Ataque Escampe
Ataque Escampe en Mega
Rock: Cró
Cró en Mega
Blues, funk & soul: Cats and Monkeys
Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá
Sumrrá en Mega
Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza
Pisando el suelo que ves no web de Wöyza.
Wöyza en Mega
Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430
Temas da Orquestra Vigo 430 no seu web
Orquestra Vigo 430 en Mega
Folque: Cuarteto Caramuxo
O Demo from Cuarteto Caramuxo on Myspace.
Muiñeira do Sapataso from Cuarteto Caramuxo on Myspace.
Invernía from Cuarteto Caramuxo on Myspace.
Michuca from Cuarteto Caramuxo on Myspace.
Cuarteto Caramuxo en Mega
Música tradicional galega: Davide Salvado
Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores
Mónica de Nut en Mega
Canción de Autor: A Cada Canto
ACadaCanto en Mega
Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc
Pablo Díaz en Mega
Electrónica: Sub Rosa
Sub Rosa en Mega
Metal: Nao
NAO en Mega
Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi
Orquestras, grupos e música de verbena: Los Satélites
Web de Los Satélites
Premio Organistrum Salas: Aturuxo (Bueu)
Premio Organistrum Festivais: Festigal
Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: Planeta Furancho
Premio Honorífico Músicos Ao Vivo: N.H.U.
Segundo apuntaba a organización, "O Premio Honorífico Músicos ao vivo deste ano 2014 ven a recoñecer a N.H.U., como proxecto musical avanzado ao seu tempo, aglutinador dunha xeración de músicos inquedos, inconformistas e entregados a un proxecto minoritario, underground e carente de referentes próximos. Músicos Ao Vivo valora a valentía, a ousadía e a fe dun grupo galego que trazou novas formas de facer música nunha Galicia recén saída da ditadura franquista. Con este recoñecemento, facemos xustiza, recuperamos memoria e ampliamos a nosa perspectiva como potencial musical, no espazo e no tempo. Parabéns a N.H.U.".