Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Unicornibot anuncia unha pausa na súa carreira

A BANDA REEDITA O SEU PRIMEIRO áLBUM E DARá UN CONCERTO DE DESPEDIDA EN PONTEVEDRA

Unicornibot anuncia unha pausa na súa carreira

ALTERNATIVA | decembro 5, 2014

imaxe non dispoñible

"Un descanso sen data de retorno para ver por onde nos leva a vida". Así anuncia o grupo pontevedrés Unicornibot a pausa que toma na súa carreira logo de case seis anos de traballo e tres álbums publicados. A coincidir con este anuncio, o grupo reeditou o seu primeiro traballo Hare Krishna. Como feche, anuncian tres concertos este mesmo mes. Os dous primeiros en terras portuguesas, o vindeiro día 12 en Penafiel e o 13 en Oliveira de Azeméis, mentres a despedida final será no Liceo Mutante de Pontevedra o 26 de decembro.

MULTIMEDIA
Hare Krishna de Unicornibot