Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Asociación de Gaiteiros celebra os seus 25 anos

O ACTO CELéBRASE O DOMINGO 7 NO AUDITORIO DE GALICIA

A Asociación de Gaiteiros celebra os seus 25 anos

FOLK | decembro 4, 2014

imaxe non dispoñible

Actuacións de grupos como Leilía, Treixadura ou Os Carunchos, e de gaiteiros como Nela de Bres, Antonio de Lourenzá, Modesto e Otilio da Fonsagrada porán a ambientación sonora ao acto con que a Asociación de Gaiteiros Galegos celebra os seus 25 anos. O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle o vindeiro domingo 7 de decembro o evento, que presentarán Xurxo Souto e Isabel Risco e que inclúe unha homenaxe ao actual presidente desta entidade, Santiago Caneiro Aneiros. No programa inclúese tamén un percorrido pola historia desta asociación.