Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ai veñen os Tanto nos ten con Entre néboas

O GRUPO ESTá EN PLENA XIRA DE PRESENTACIóN DO SEU SEGUNDO TRABALLO

Ai veñen os Tanto nos ten con Entre néboas

FOLK | novembro 21, 2014

entre_neboas_tanto_nos_ten.jpg

Con sete anos de traxectoria ás costas, Tanto nos ten continúa coa súa aposta pola "música tradiciona furtiva", a combinación de sons tradicionais, letras retranqueiras e compromiso coa que pretenden "converter nunha festa cada unha das nosas intervencións". Agora, chegan con Entre néboas o seu segundo traballo discográfico, no que melodías e letras tradicionais soan cun coidado acompañamento de bombo, tamboril, tamboril, gaitas, frautas, clarinete, acordeón e pandeireta. O álbum autoeditado, gravouse en directo, foi producido no estudio A Ponte. O grupo atópase en plena xira de presentación. A vindeira cita está prevista o vindeiro 29 de novembro e A Arca de Noe (Vilar de Santos), e continuará pola Casa dos Druídas de Vilaboa (6 de decembro), o Nadal Cultural de Rebordáns (Tui, 7 de decembro) e A Repichoca (A Coruña, 12 de decembro).

MULTIMEDIA
Vídeo de presentación de Entre néboas
datos do disco