Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Todo listo en Compostela para o WOMEX máis multitudinario

A CIDADE AGARDA 2.600 PERSOAS NESTE EVENTO ENTRE OS DíAS 22 E 26

Todo listo en Compostela para o WOMEX máis multitudinario

FOLK | outubro 15, 2014

imaxe non dispoñible

Compostela agarda para a vindeira semana a celebración da feira de músicas do mundo máis importante a nivel internacional. Entre o 22 e o 26 de outubro WOMEX celebra a súa vixésima edición na capital galega, cunha cifra de asistentes previstos que rolda os 2.600 e bate as marcas do evento nos últimos cinco anos. Ademais dos 60 concertos a cargo de 300 artistas que se desenvolverán entre a Cidade da Cultura e diferentes espazos do casco histórico, o programa do encontro contará coa presenza de artistas galegos como Davide Salvado, Uxía e Germán Díaz.

Do mesmo xeito, unha vintena de compañías do noso país compartirán un posto propio na Cidade da Cultura, onde negociarán vías de negocio para medio cento de formacións e artistas do noso país, segundo anunciou esta mañá a Consellaría de Cultura.

Ademais dos concertos e showcases, a iniciativa prevé desenvolver actividades como un ciclo de cinema, 22 conferencias, 17 xuntanzas de networking ou propostas como un un DJ Summit na Sala Capitol.

En total agárdase a presenza de 600 empresas e profesionais das industrias musicais de todo o mundo e, segundo asegurou Jesús Vázquez, conselleiro de Educación e Cultura, un retorno económico de preto de 2,5 millóns de euros para o noso país como resultado desta actividade.

Tamén che pode interesar:

Ligazóns