Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Isabel Rei Sanmartín debuta con A Viola no Século XIX: Música de Salão na Madeira

A GUITARRISTA RECUPERA PEZAS DOS úLTIMOS DOUSCENTOS ANOS CONSERVADAS NA ILLA ATLáNTICA

Isabel Rei Sanmartín debuta con A Viola no Século XIX: Música de Salão na Madeira

CLáSICA/LíRICA | outubro 10, 2014

A_viola_sec_xix_madeira_isabel_rei.jpg

Unha selección de composicións para guitarra conservadas en cadernos manuscritos desde hai uns 200 anos na Illa de Madeira. Este é o contido do primeiro CD da guitarrista galega Isabel Rei Sanmartim, A Viola no Século XIX: Música de Salão na Madeira. Un total de 40 cortes que inclúen valses, rondós, arias e, como extra, un vals de Cândido Drumond de Vasconcelos. O governo da illa portuguesa convidou a intérprete galega a gravar as pezas nos estudios DSEAM e agora corre coa publicación da obra, coa que quere dar a coñecer internacionalmente o patrimonio musical madeirense.

AUDIO
Rondino de A Viola no Século XIX: Música de Salão na Madeira
AUDIO
Ária com Explicações - Var. 3. A Viola no Século XIX: Música de Salão na Madeira
datos do disco