Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / tUnE-yArDs e Ólöf Arnalds protagonizan o Voces Femininas 2014

ACTUARáN EN OURENSE O 27 E EN VIGO O 29 DE NOVEMBRO

tUnE-yArDs e Ólöf Arnalds protagonizan o Voces Femininas 2014

MISCELáNEA | setembro 11, 2014

imaxe non dispoñible

Só dúas artistas compoñen o cartel deste ano do festival Voces Femininas. A cita especializada en músicas alternativas da escena internacional mantén a súa tripla sede en Madrid, Ourense e Vigo, e reúne este ano a estadounidense tUnE-yArDs e mais a islandesa Ólöf Arnalds. As actuacións celebraranse o vindeiro 26 de novembro em Madrid, o 27 no Teatro Principal de Ourense e o 28 no Auditorio de Afundación en Vigo. tUnE-yArDs chegará a Galicia a presentar o seu último álbum Nikki Nack, publicado en maio deste mesmo ano, e no que mestura electrónica e sons lo-fi acústicos. Pola súa bnada, Ólöf Arnalds amosará o seu traballo como cantautora e presentará Sudden Elevation, o seu disco de 2013.