Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Takekazu Asaka presenta o seu libro-disco Cantata a Ramón Cabanillas
Takekazu Asaka presenta o seu libro-disco Cantata a Ramón Cabanillas
agosto 5, 2014
Un texto biográfico sobre Cabanillas, unha escolma de trece poemas deste autor en galego e en xaponés, fotografías e notas que contextualizan o seu traballo e un limiar a cargo do académico Franciso Fernández Rei. Estes son os contidos do libro Cantata a Ramón Cabanillas, que o profesor Takekazu Asaka presenta mañá en Cambados. A presentación, ás 21 horas no auditorio A Xuventude, irá acompañada dun concerto no que a pianista Rika Nishikawa e a soprano Miho Haga interpretarán os oito temas musicados que se inclúen no CD que acompaña o libro.