Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Davide Salvado, Uxía e Germán Díaz representarán a Galicia no WOMEX 14
Davide Salvado, Uxía e Germán Díaz representarán a Galicia no WOMEX 14
xullo 29, 2014
A Cidade da Cultura acollía esta mañá a presentación do programa do WOMEX 14, que se celebrará en Compostela entre os vindeiros 22 e 24 de outubro. O xurado internacional de expertos seleccionou para representar o noso país neste evento a Davide Salvado, que actuará no escenario da selección oficial, a Uxía e mais ao zanfonista Germán Díaz, que presentarán os seus traballos no escenario local Atlantic Connections. Canda aos galegos, as músicas da Penínula estarán representadas no encontro por Raúl Rodríguez e Lula Pena na selección oficial e por Korrontzi e Custódio Castelo no Atlantic Connections.
Canda a eles, o encontro contará coa presenza de 2.500 profesionais de todo o mundo, entre eles 800 programadores e máis de 300 xornalistas, e prevé a celebración dun total de 60 concertos en diferentes escenarios de Compostela. O conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, apuntou na presentación do programa que o evento suporá un impacto económico dun 2,5 millóns de euros na economía do noso país.
Segundo informa a organización do encontro, na sección oficial, ademais dos xa mencionados, están artistas de máis de 30 países: Batida (Angola/Portugal), Driss El Maloumi Trio (Marrocos), Ed Motta (Brasil), El Gusto Orchestra (Alxeria/Francia), Guayo Cedeño & Coco Bar (Honduras), Maarja Nuut (Estonia), Madeeh (Malasia), Maru Tarang (India/Australia), Mayito Rivera & The Sons of Cuba (Cuba), Sékouba Bambino (Guinea-Conakry/France), Orkesta Mendoza (USA), Spiro (UK), Paolo Angeli (Italia), Ajinai (China), Baloji (Congo/Bélxica), Bostich (México), Cesaria Évora Orchestra (Cabo Verde), Džambo Aguševi Orchestra (Macedonia), Ester Rada (Israel), Ethiocolor (Etiopía), Frank Yamma (Australia), Ilkka Heinonen Trio (Finlandia), Cuenta i Tambu (Curaçao/Holanda), Noreum Machi (Corea do Sur), Otava Yo (Rusia), Oum (Marrocos/Francia), Söndörgő (Hungría), Tribu Baharú (Colombia) e Troker (México).
Tamén che pode interesar:
- 27/ 6/ 2017 | O Festival de Pardiñas chega á súa 38 edición
- 30/ 3/ 2016 | Xoel López suma cinco candidaturas nos premios de música independente
- 12/ 6/ 2015 | Davide Salvado cria Lobos
- 3/ 2/ 2015 | Estrelas do folk galego reúnense en Rústica
- 15/ 10/ 2014 | Todo listo en Compostela para o WOMEX máis multitudinario