Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Seis grupos representarán a Galicia no Festival de Lorient

CELéBRASE NA BRETAñA ENTRE O 1 E O 10 DE AGOSTO

Seis grupos representarán a Galicia no Festival de Lorient

FOLK | xullo 16, 2014

imaxe non dispoñible

Óscar Ibáñez, o Cuarteto Caramuxo, o dúo Bellón & Maceiras, o grupo de baile Donaire e mais as bandas de gaitas Terra de Melide e Foula compoñen a representación galega no Festival de Lorient. O recoñecido encontro intercéltico de Bretaña celebrarase entre os vindeiros días 1 e 10 de agosto cunha edición centrada na música de raíz irlandesa. A delegación galega conta cun espazo propio en Facebook no que se dá conta das súas actividades, concertos e propostas ao longo do festival.

Canda a estes grupos, achegaranse á cidade bretoa os gaiteiros Xesús Rodríguez, Marcos Tella, Lois Prado e Bruno Villamor para participar no coñecido Trofeo MacCrimmon dedicado a este instrumento.