Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Vía Stellae acollerá 23 concertos na súa novena edición

SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLERá AS ACTUACIóNS ENTRE O 20 DE XUñO E O 15 DE XULLO

O Vía Stellae acollerá 23 concertos na súa novena edición

CLáSICA/LíRICA | xuño 4, 2014

imaxe non dispoñible

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, presentaban esta mañá en Compostela o programa da novena edición do Vía Estellae. O ciclo de música contará nesta xeira cun total de 23 concertos que se desenvolverán en igrexas e espazos monumentais e singulares da capital galega. Coa música barroca e antiga como un dos seus eixes, o evento contará coa presenza de artistas como a orquestra barroca belga Il Fondamento, os violinistas Fabio Biondi, Sergey Malov e Amandine Beyer, ou a soprano italiana Roberta Invernizzi. Pola súa banda os contratenores Xavier Sábata e José Hernández Pastor achegarán cadanseu recital operístico, mentres que os grupos galegos Vox Stellae e Resonet desenvolverán senllas actuacións centradas na figura de San Francisco de Asís. A Real Filharmonía de Galicia, con dirección de Iván Martín e de Maximino Zumalave tamén participa no programa. Finalmente, a sección OFF#Stellae estará centrada esta volta na percusión.