Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A segunda edición de Monumenta pon en valor espazos restaurados

O PROXECTO LEVA ACTUACIóNS E ACTIVIDADES DIDáCTICAS A DEZ BENS CULTURAIS

A segunda edición de Monumenta pon en valor espazos restaurados

MISCELáNEA | xuño 4, 2014

imaxe non dispoñible

Entre o 5 xuño e o 7 de xullo dez espazos patrimoniais restaurados de todo o país acollerán as actividades da segunda edición de Monumenta. A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá este ciclo que busca a divulgación do noso patrimonio mediante actividaes culturais. O programa comprende actuacións musicais a cargo de artistas como Uxía Senlle, Narf ou Germán Díaz, así como roteiros guiados, obradoiros e propostas escénicas. A iniciativa conta ademais cunha importante vertente educativa, que contou coa colaboración de centros de ensino de cada unha das localidades de celebración.

As catedrais de Tui, Ourense e Santiago de Compostela, as igrexas e Santa María da Magdalena de Sarria e de Santa María de Melide, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Las, o convento de Ferreira de Pantón, o castelo de Tovar en Lourenzá, o santuario das Ermidas e o castelo do Bolo e mais os petróglifos de Mogor son os escenarios que acollerán as diferentes actividades.