A Coruña fica sen Festival Mozart
maio 5, 2014
O Festival Mozart, unha das citas fundamentais do panorama lírico galego, con proxección internacional, non se celebrará este ano. O evento operístico coruñés, nado en 1998 desaparece por problemas orzamentarios, segundo sinalou o pasado venres Andrés Lacasa, xerente do Consorcio para a Promoción da Música da Cidade Herculina. A perda do apoio económico de Caixa Galicia provocou a que a edición de 2013 xa non contase con representacións e a non aparición de alternativas financeiras levou a que organización optase por suspender o evento.
Lacasa, no entanto, sinalou que o Consorcio traballa para propor unha alternativa que permita continuar con programación de ópera na Cidade, e apuntou a necesidade de colaborar coa Asociación de Amigos da Ópera da Coruña para este fin.
Tamén che pode interesar:
- 7/ 5/ 2013 | O violinista Pinchas Zukerman abre a edición do Festival Mozart
- 14/ 5/ 2012 | A Sinfónica de Galicia celebra os seus 20 anos no Festival Mozart
- 3/ 3/ 2008 | O Festival Mozart concéntrase nun mes e estrea director artístico
- 31/ 1/ 2007 | Paolo Pinamonti substitúe a Cristina Vázquez na dirección do Festival Mozart
- 4/ 5/ 2006 | Grigory Sokolov inaugura na Coruña o Festival Mozart