Ourense acollerá a VII edición do Festival Pórtico do Paraíso
febreiro 19, 2014
Seis solistas de grupos de música clásica compoñen o cartel do VII Festival Internacional Pórtico do Paraíso. Ourense acolle entre o 13 e o 23 de marzo esta cita na que participan destacados intérpretes como o grupo vocal francés Diabolus in Musica, o pianista lituano Karolis Biveinis, a formación británica de percusión O Duo, o guitarrista barroco Hopkinson Smith e mais o Duo Amal, composto polos pianistas Bishara Haroni, de Palestina, e Yaron Kohlbergm, de Israel.
De xeito paralelo ao encontro, proxectarase o documental sobre música barroca De occulta philosophia, celebraranse encontro cos participantes dos alumnos e profesores do Conservatorio de Ourense e haberá senllas exposicións de fotografías e instrumentos antigos no claustro de San Francisco e mais no Museo Municipal.
Tamén che pode interesar:
- 20/ 4/ 2022 | O festival Pórtico do Paraíso volve apostar pola excelencia internacional
- 2/ 2/ 2016 | O Festival Pórtico do Paraíso transcende Ourense
- 19/ 2/ 2015 | O festival Pórtico do Paraíso medra ata os oito concertos
- 6/ 2/ 2009 | Concertos e conferencias protagonizan o festival Pórtico de Paraíso