Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cambados e Sada obteñen fondos do Ministerio para actividades culturais
Cambados e Sada obteñen fondos do Ministerio para actividades culturais
febreiro 17, 2014
Só dous concellos galegos obtiveron fondos do Ministerio de Educación e Cultura na convocatoria de axudas a corporacións locais "para actividades culturais que fomenten a comunicación cultural". En concreto, Cambados obtivo 40.000 euros para desenvolver o ciclo Música con D.O., que está previsto para o vindeiro verán e que incluirá actuacións musicais de diferentes estilos, espectáculos e actividades de dinamización de rúa entre ouras propostas. A iniciativa desenvólvese en colaboración co Concello de Peñafiel, que desenvolverá unha programación paralela e que tamén obtivo fondos do Ministerio para o proxecto. Pola súa banda, Sada contará con 50.000 euros desta entidade para financiar o Festival Musical Ismos, que se integra no programa da súa Feira Modernista.