Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os profesionais da cultura denuncian por contratacións

A MúSICA RECLAMA POLAS FESTAS DE VIGO E O AUDIOVISUAL POLA SERIE EL FARO

Os profesionais da cultura denuncian por contratacións

MISCELáNEA | xullo 16, 2013

imaxe non dispoñible

A Asociación Galega de Empresas Musicais acaba de emitir un comunicado denunciando a contratación de artistas foráneos. En concreto é a contratación de Melendi por segunda vez en cinco meses para actuar as festas de Vigo a situación que denuncia este colectivo. Segundo sinalan desde AGEM "non resulta comprensible que nun momento de escaseza de recursos económicos das distintas administracións e da sociedade en xeral, ó Concello aposte pola repetición con recursos públicos dun mesmo espectáculo", e lembra a importancia de Vigo como motor da música galega.

Pola súa banda, a Coordinadora de Profesionais do Audiovisual Galego realizaba esta mañá unha rolda de prensa na que denunciou a pésimas condicións laborais dos traballadores da serie El Faro. Esta produción, en rodaxe, está a ser realizada para as televisións autonómicas do Estado polas firmas galegas Agallas Films, Zenit TV, Cinemar e Pórtico, que están a incumprir os convenios e a contratar profesionais por baixo do estipulado. Ademais, segundo sinalan desde esta coordinadora, a serie non reflicte ningún elemento propio das comunidades onde será emitida, o que choca coa propia Lei de creación da CRTVG.