Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Morre Miguel Ángel Castro, o cantante do grupo de punk rock Esquíos

ESTABA NA PROMOCIóN DO SEU úLTIMO TRABALLO PORCOCáN

Morre Miguel Ángel Castro, o cantante do grupo de punk rock Esquíos

ROCK | xuño 26, 2013

imaxe non dispoñible

O grupo de punk rock garage Esquíos tiñan previsto onte un concerto para iniciar as festas do San Paio na Estrada, pero non puideron actuar. O seu vocalista, Miguel Ángel Castro Fernández, popularmente coñecido como “Moro” finaba a causa dun derrame cando tiña 32 anos. A formación estaba inmersa na promoción do seu último traballo Porcocán que presentaron o pasado 25 de maio.

Porcocán era o sexto disco do grupo, o segundo deste ano, xa que en xaneiro presentaron Esquíos ao vivo!, que editaba un concertó ofrecido na Sala Capitol en 2010. Porcocan mantiña o ton punk-rock do grupo en 12 temas que gravaron nos estudios Abrigueiro.

Ligazóns
Relacionadas