Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O SonRías Baixas completa o seu cartel

O DERRAME ROCK TRASLADARASE A BEMPOSTA NESTA EDICIóN

O SonRías Baixas completa o seu cartel

MISCELáNEA | xuño 5, 2013

imaxe non dispoñible

Los Enemigos, Dakidarría, Riot Propaganda, Foxy Freire ou Boikot son algunhas das incorporacións ao Sonrías Baixas que se confirmaron esta mañá. O festival, que se celebra os días 2 e 3 de agosto en Bueu conta tamén, como xa anunciara, con Toy Dolls e Talco en cartel. Pola súa banda o festival Derrame Rock muda de localización e trasládase de Oira a Bemposta, aínda que mantén as datas previstas, 28 e 29 de xuño. Ao tempo, o ImaxinaSons de Jazz de Vigo, previsto para arrincar o vindeiro 27 de xuño, continúa sen ter fechado o seu cartel.