Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Kérkennai volta con Un soño cotián de bolboretas

O GRUPO LANZA O SEU PRIMEIRO DISCO DESDE 2007

Kérkennai volta con Un soño cotián de bolboretas

FOLK | xuño 4, 2013

kerkennai_sonho_cotian_bolboretas.jpg

Desde a Baixa Limia o grupo Kérkennai lanza o seu terceiro traballo. Un soño cotián de bolboretas é o primeiro disco da banda desde 2007, no que continúa a aposta polo folk cun son no que se atopan o violonchelo a frauta, as guitarras ou o bouzouki, alternando sons tradicionais con incursións en xéneros coma o jazz. Os nove temas graváronse nos estudios Phonos da Estrada e o disco está autoeditado. O traballo contou coas colaboracións de Uxía, Pablo Díaz e Pedro Pascual entre outros.

datos do disco
Ligazóns