Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Concertos conmemorativos

DIOS KE TE CREW CELEBRA DEZ ANOS E DHAIS LEMBRA DOUS COMPOñENTES CON ACTUACIóNS AO VIVO

Concertos conmemorativos

MISCELáNEA | maio 23, 2013

imaxe non dispoñible

A compostelá Sala Capitol acolle o vindeiro 25 de maio o concerto de décimo aniversario de Dios Ke Te Crew. O grupo de hip-hop prepara unha actuación especial na que prometen moitas sorpresas e ademais agasallará os asistentes cun CD no que se inclúen dous temas inéditos. De xeito paralelo, voltan aos escenarios logo de once anos, Dhais. O coñecido grupo de folk actuará o vindeiro 24 de maio no marco da Gala dos Premios Opinión. O retorno realízase como unha homenaxe ao frautista Luís Areán e mais ao baixista César Morais, membros do grupo que finaron.