Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O Consello de Cultura celebra o Día das Letras con música e poesía

O CONCERTO AQUELES DOCES CANTARES TERá LUGAR áS 20:00 HORAS EN SAN DOMINGOS DE BONAVAL

O Consello de Cultura celebra o Día das Letras con música e poesía

CLáSICA/LíRICA | maio 16, 2013

imaxe non dispoñible

Aqueles doces cantares é o título co que o Consello da Cultura Galega organiza hoxe o seu concerto do Día das Letras Galegas. Unha proposta poética e musical coa que pretenden poñerlle sons a 36 cantares e outras composicións musicais de Rosalía de Castro, no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. A cita, que terá lugar hoxe ás 20:00 na igrexa de San Domingos de Bonaval, conta coa colaboración dunha serie de entidades. Asociación Galega de Compositores, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia participan neste encontro que ten entrada libre ata completar aforo.