Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Mozart e a ópera protagonizan esta edición do Festival Mozart

NO PROGRAMA HAI NOMES PROPIOS COMO LORIN MAAZEL, RICHARD EGARR OU ANDREAS SPERING

Mozart e a ópera protagonizan esta edición do Festival Mozart

CLáSICA/LíRICA | abril 23, 2013

imaxe non dispoñible

É unha das citas musicais máis importantes do ano. O Festival Mozart mantén o orzamento da edición de 2012 (500.000 euros) e, aínda que lonxe do millón de euros de encontros pasados, mantén o nivel de calidade e de figuras. Estará Lorin Maazel que regresa para dirixir La Fanciulla del West cunha colaboración co Festival de Castleton de Virxinia (Estados Unidos). A ópera e o composicións de Mozart recupera o protagonismo nunha cita que se estende do 8 de maio ao 26 de xuño.

Un total de 16 obras de Mozart entre aberturas, arias, sinfonías, música de cámara, así como o seu Réquiem conforman o esquelete desta edición do festival. Onde a outra espiña dorsal desta edición está conformada pola ópera.

Nomes propios
Alén de nomes moi coñecidos para o público como o de Lorin Maazel debutan artistas do prestixio de Richard Egarr, Andreas Spering, Jiří Bělohlávek e Pinchas Zukerman. Ademais, Christian Zacharias regresa ao festival pero como artista en residencia e a cargo de catro programas: un recital de piano, un concerto con música de cámara de Mozart e Schubert e dous concertos sinfónicos.

Por outra banda, o certame suporá a despedida de Víctor Pablo Pérez como director titular da OSG, aínda que permanecerá vencellado a ela.

Ligazóns