Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Falece Henrique Otero, O Gaiteiro do Fragoso

FOI AUTOR DO PRIMEIRO MéTODO DE GAITA DO PAíS E DE PRETO DE DúASCENTAS PEZAS

Falece Henrique Otero, O Gaiteiro do Fragoso

FOLK | abril 19, 2013

imaxe non dispoñible

Henrique Otero Covelo, coñecido como O Gaiteiro do Fragoso, acaba de falecer, segundo publica hoxe a Asociación de Gaiteiros Galegos no seu web. Otero, nado en 1930 en Lavadores, Vigo, creou o primeiro método moderno de Galicia para gaita e supuxo unha figura de transición entre os gaiteiros tradicionais e os actuais. Ademais, foi autor de máis de dúascentas pezas musicais que se incorporaron ao repertorio de diferentes grupos do país e o seu traballo foi clave para que se oficializasen os estudos de gaita polo Ministerio de Educación. A súa obra foi recoñecida coa medalla Constantino Bellón. A capela ardente instalarase Tanatorio Vigo Memorial a partir de hoxe venres, ás 13 horas