Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / The Cornelius presentan Walking in Circles en Ourense

A SALA MIUDIñO ACOLLE O CONCERTO O VINDEIRO 20 DE MARZO

The Cornelius presentan Walking in Circles en Ourense

ROCK | marzo 19, 2013

not_22432.jpg

Aínda que levan xa uns meses a xirar cos temas do seu terceiro disco, Cornelius chega agora a Galicia coa xira de presentación de Walking in circles. A Sala Miudiño acolle na noite de mañá o primeiro dos concertos que darán a coñecer o traballo, autoeditado, no noso país. Le Club na Coruña o día 12 de abril e a Fundación Autor de Santiago o 18 serán a vindeiras citas achegadas dun tour que está a levar o grupo por diferentes lugares da xeografía estatal no marco da iniciativa Girando por Salas.

O disco, que estará dispoñible a final de mes, supón unha profundización do estilo de rock con influencias de pop clásico e unha aposta polo mercado internacional. O proxecto contou con Adrian Hal com enxeñeiro de son e Alan Douches na masterización.

Cartel da xira de Walking in circles
MULTIMEDIA
The Cornelius presentando Walking in Circles ao vivo en Vigo
AUDIO
Mostra de I willl never surrender de Cornelius
datos do disco